Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


martes, 31 de maio de 2022

E POR QUE TEMOS QUE RECICLAR?

Despois de que aparecera unha foto do Planeta Terra enfadado na caixa dos monstros, todos chegamos á conclusión de que era debido á contaminación que os humanos provocamos, con diferentes actividades.

Tras facer moitas investigacións vimos que unha forma de coidar o planeta era seguir a "Regla dos 3 erres": 

REDUCIR    REUTILIZAR    RECICLAR

Estamos dispostos a empezar a aplicar esta regla na clase e tamén nas nosas casas.

Fixemos varias fichas para saber o que debemos tirar en cada contenedor.



Estabamos moi interesados en reciclar ben, e ata chegou unha mensaxe dos monstros relacionada con este asunto.




Cada un de nós inventamos un "MONSTRO COME LIXO". 

Quedaron super bonitos!























Despois fixemos unha votación para ver cal dos monstros queriamos que aparecera pegado nos diferentes contenedores de lixo que temos na clase.

Foi moi emocionante!











Os gañadores foron:











E así de bonito quedou o RECANTO DO LIXO da nosa clase.



Agora xa podemos contestar á pregunta "E POR QUE TEMOS QUE RECICLAR? ".






E para non esquecer como hai que reciclar, fixemos un cadernillo informativo que levamos para a nosa casa.





Agora o PLANETA TERRA estará moi contento.



Ningún comentario:

Publicar un comentario