Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


mércores, 11 de maio de 2022

UNHA VISITA MOI ESPECIAL!

Hoxe, na clase de Ciencias, tivemos unha visita moi especial.

Carmen estivo acompañada da súa nai e do seu pai e trouxeron moitos peixes diferentes para que todos puidésemos ver de cerca as súas características.

Contáronnos moitas cousas sobre estes habitantes dos nosos mares e ata tivemos oportunidade de tocalos.










FOI MOI DIVERTIDO E INTERESANTÍSIMO!

GRAZAS CARMEN!

Ningún comentario:

Publicar un comentario