Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


xoves, 26 de xaneiro de 2023

A VIDA EN GROENLANDIA

Os habitantes da illa de Groenlandia son os INUIT.






Os inuit viven en poblados pequenos e as súas casas son de madeira e están pintadas de cores, para poder destacar sobre a neve. 

Cando teñen que desprazarse para ir de caza, pasan varios días fora da súa casa e para refuxiarse do frío construen os IGLÚS.





Os inuit aliméntanse de carne e peixe e durante o verán recolectan pequenos froitos silvestres, como os arandos.

Como as temperaturas son moi baixas, poden chegar ata os 50 graos baixo cero, vístense con roupas elaboradas coa pel dos animais que cazan.


Cando teñen que desplazarse lonxe utilizan trineos tirados por cans ou motos de neve. Tamén usan o kayak para ir polo mar. Nos pobos hai algunhas estradas pola que poden ir os coches.





Agora vexamos uns vídeos moi interesantes sobre a vida en Groenlandia.




Ningún comentario:

Publicar un comentario