Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


domingo, 9 de maio de 2021

XELATINA VERDE ESTÁ EN PERIGO!

O xoves pasado cando estabamos expoñendo, por grupos, as nosas conclusións sobre os Aparellos dixestivo e respiratorio algúen botou un papel doblado por debaixo da porta da nosa clase.

Abrímolo e quedamos moi preocupados co que vimos 😕😕😕

Era Xelatina verde, o noso amigo xupiteriano que coñecemos o curso pasado mentres estudiabamos o Sistema Solar, e pedía "SOCORRO" .


Non tiñamos máis información e rapidamente empezamos a emitir hipóteses sobre o que lle podía ocorrer.

A verdade é que xurdiron moitas ideas, e nesas andabamos cando tocou o timbre para marchar a casa. 

Como alguén dixera que podía ser que Xelatina Verde tal vez tivera un accidente co seu platillo volante no colexio ao sair miramos por todas partes pero alí non había nin rastro do noso amigo.

Démonos conta que ese día non podiamos facer nada máis, teriamos que esperar ao luns.

domingo, 2 de maio de 2021

O APARELLO RESPIRATORIO

Despois de investigar moito sobre o funcionamento do APARELLO RESPIRATORIO convertémonos en verdadeiros expertos.

Fixemos moitas actividades e rematamos cunha maqueta feita con plastilina do noso aparello respiratorio.

QUEDARON CHULÍSIMAS!










 

xoves, 22 de abril de 2021

DÍA DA TERRA

 Hoxe, 22 de abril celébrase en todo o mundo o "DÍA DA TERRA".

Este día celébrase para chamar a nosa atención sobre os problemas de contaminación que ten o planeta. Só nós podemos cambiar as cousas e axudar a coidalo!

mércores, 21 de abril de 2021

XOGAMOS!

Despois de investigar o APARELLO DIXESTIVO e o APARELLO RESPIRATORIO imos facer un xogo que nos trae Camaleón.


luns, 12 de abril de 2021

O APARELLO RESPIRATORIO

Seguimos a nosa viaxe polo interior do corpo humano e agora temos que investigar sobre o APARELLO RESPIRATORIO.




Que interesante!

domingo, 11 de abril de 2021

PARTES DO APARELLO DIXESTIVO

Durante as últimas clases de ciencias estivemos estudando o APARELLO DIXESTIVO e a NUTRICIÓN.


Vimos as partes que ten o APARELLO DIXESTIVO.

BOCA. É un orificio que temos na cara polo que introducimos a comida. Alí atópanse os dentes e a lingua que serven para masticar e desfacer os alimentos. Para facer isto precisan da axuda da saliva que consegue que se forme o BOLO ALIMENTICIO.


FARINXE. É un tubito que permite que o bolo alimenticio pase dende a boca ata o esófago.


ESÓFAGO. É un tubo elástico que, cos seus movementos, empuxa e aplasta o bolo alimenticio ata o estómago.


ESTÓMAGO. É un saco elástico que funciona como unha batidora, mesturando e triturando o bolo alimenticio. No estómago prodúcense os xugos gástricos que descompoñen os alimentos e transfórmanos nunha substancia semilíquida.


INTESTINO DELGADO. É un tubo moi longo que pode medir ata 7 metros e que está moi plegado dentro do corpo. Aquí os alimentos desfanse completamente para que os nutrientes poidan viaxar polo noso corpo.


INTESTINO GROSO. É un tubo máis curto e máis groso que o intestino delgado e que tamén está doblado dentro do corpo. Aquí entran os restos dos alimentos que non se poden aproveitar e que hai que expulsar. É a caca.


ANO. É a parte final do aparello dixestivo, polo que sae a caca.





Despois de ter toda esta información cada un de nós fixo o seu propio aparello dixestivo.

Quedaron moi chulos!!!


luns, 22 de marzo de 2021

CHEGOU A PRIMAVERA!

 

A primavera chegou o sábado 20 de marzo ás 10.37 horas e durará 92 días e 18 horas, ata rematar o 21 de xuño, momento no que comezará o verán.

No momento no que entra a primavera o día e a noite teñen a mesma duración, é o que chamamos EQUINOCCIO DE PRIMAVERA.

Durante a primavera os días teñen máis horas de luz que de escuridade.

Co seguinte vídeo repasemos como se producen as estacións do ano.


luns, 8 de marzo de 2021

A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN. O APARELLO DIXESTIVO

A función de NUTRICIÓN é fundamental para a supervivencia dos seres vivos.

A NUTRICIÓN consiste en obter enerxía e diferentes materiais dos alimentos que tomamos, para que podamos crecer e desenvolvernos durante a nosa vida.

A función de NUTRICIÓN comeza no APARELLO DIXESTIVO.

Vexamos os seguintes vídeos porque son moi interesantes.




Pero que cousas máis raras pasan dentro do noso corpo!

XOGAMOS!

Imos xogar un pouqiño coas partes do corpo humano.

Fixádevos ben na ficha informativa e a continuación facede o xogo.




xoves, 4 de marzo de 2021

O CORPO HUMANO

Durante este trimestre estudaremos o CORPO HUMANO.

Unha vez máis o noso amigo Camaleón explicaranos moitas cousas sobre o funcionamento do noso CORPO.

No seguinte vídeo temos máis información