No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.
DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!
Hoxe, luns 21 de decembro, ás 11.02 horas entra o INVERNO.
Cos seguintes vídeos imos repasar como se producen as diferentes estacións do ano.
Este ano prodúcese un fenómeno que non ocorría desde fai 800 anos e consiste en que dous planetas van a estar un xunto a o outro. Os planetas son Xupiter e Saturno.
Despois de recibir na clase un billete para viaxar das Illas Cíes, onde estabamos coñecendo a flora e a fauna, ata a Illa de Ons, embarcamos no flamante submarino amarelo.
Unha vez chegados ao peirao da Illa de Ons recibíronnos uns fermosos CORVOS MARIÑOS CRISTADOS.
Investigaremos a esta ave e tamén queremos que estea na nosa GUÍA DA FLORA E FAUNA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.
Na clase de Ciencias seguimos investigando a flora e a fauna das Illas Cíes.
Despois de estudar tres especies do Reino Animal (GAIVOTA PATIAMARELA, PÍLLARA DAS DUNAS E LAGARTO ARNAL) agora tócalle o turno a unha especie do Reino Vexetal.
Aprenderemos moitas cousas sobre o TOXO COSTEIRO.
Ahhh! e tamén formará parte da nosa GUÍA DA FLORA E FAUNA DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.
Cando chegamos do recreo, na pizarra da clase habia algo moi estraño, era o que parecía a silueta dun lagarto e uns papeis con números, que parecían ter algún tipo de informacion sobre ???
A todos pareceunos que aquilo tiña algo que ver coa clase de Ciencias polo que decidimos esperar a que chegara Merce, pero mentres tanto, na hora de ler, aproveitamos para investigar nos libros sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas que temos na clase, por se atopabamos a aquel lagarto. Foi Sofía a que tivo sorte e viu unha fotografía que ben podería ser de aquel animal que estaba pegado na pizarra.
Cando chegou Merce contámoslle o que pasara e ela tamén estaba moi estrañada pero mostrabase de acordo con que Sofía tiña unha pista fiable.
Antes de descifrar aquel enigma Merce dixo que tiñamos que ver un esquema no blog da clase que falaba sobre os ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS.
Así o fixemos e cando rematamos de velo apareceu misteriosamente na pantalla a silueta daquel lagarto.
INCRIBLE!
Xa non podiamos esperar máis polo que abrimos aqueles papeis e leimos o que alí poñia.
Agora estaba todo claro, aquela silueta era do LAGARTO ARNAL, que vive no PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.
Despois puidemos ver no blog moitas fotos e diferentes vídeos sobre o LAGARTO ARNAL.
Este animal tamén formará parte da nosa guia sobre a fauna e a flora do Parque!
Seguimos aprendendo sobre o "Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas", xa que precisamos saber moitas cousas para poder axudar a Antía e a Fiz a resolver o misterio do cofre do tesouro aparecido nas Illas Cíes.
Daremos un paso máis. Agora estudaremos os ECOSISTEMAS.
Que palabra máis estraña... ¿QUE É UN ECOSISTEMA?
Un ecosistema é o conxunto de seres vivos, animais e vexetais, que viven e relaciónanse no mesmo espazo.
Vexamos o seguinte vídeo porque é moi interesante.