Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


venres, 21 de outubro de 2022

SEGUIMOS TRABALLANDO NO HORTO

Fai 2 semanas estivemos traballando no horto.

Carmen trouxo brócoli e coliflor e plantámolos e botamos abono.

Estamos desexando que crezan!
























luns, 17 de outubro de 2022

O CICLO DA AUGA

Despois de estudar os 3 estados da auga tócanos investigar sobre o CICLO DA AUGA.

O noso amigo Camaleón tráenos un vídeo que o explica moi ben.

Prestade moita atención! 


No seguinte vídeo imos aprender moitas cousas interesantísimas sobre as NUBES.


mércores, 12 de outubro de 2022

OS ESTADOS DA AUGA


A maior parte do planeta Terra é auga.

Tamén podemos encontrar auga nos seres vivos.

A auga podemos atopala en tres estados:


O  noso amigo Camaleón tráenos un interesante vídeo para explicarnos os ESTADOS DA AUGA.


venres, 23 de setembro de 2022

O OUTONO XA ESTÁ AQUÍ!


Hoxe, martes 23 de setembro, ás 3 horas e 4 minutos, chegou o outono.

Esta estación rematará o 21 de decembro porque chegará o inverno.


venres, 16 de setembro de 2022

O HORTO ESCOLAR

O horto é un ECOSISTEMA terrestre no que interactúan as hortalizas e verduras con pequenos animais e co medio ambiente.

Onte estivemos traballando no horto. Tiñamos que limpalo de malas herbas e recoller os froitos e hortalizas que todavía quedaban.

Así estaba cando empezamos a traballar.

 











Apañamos tomates cherry, patacas, cebolas e pementos e levamos tomates para facer unha ensalada na casa.

Así quedou despois do noso traballo.



xoves, 15 de setembro de 2022

OS ECOSISTEMAS

Un ECOSISTEMA está formado por un conxunto de seres vivos (animais e plantas), o medio que os rodea (auga, aire, terra...) e as relacións que existen entre eles.

Os seres vivos relaciónanse entre eles e co medio físico no que viven.

Os seres vivos, que son os animais e as plantas, relaciónanse cos elementos non vivos, que son as rochas, area, auga, sol, choiva...

Prestade moita atención aos seguintes vídeos.




Este curso imos traballar nun ecosistema moi interesante: O HORTO ESCOLAR.

ESTAMOS PREPARADOS!

ONDE ESTÁ A CAIXA DOS MONSTROS?

 Onte, cando chegamos a clase de Ciencias vimos que a caixa dos monstros desaparecera.

Merce preguntou se sabiamos onde estaba e dixémolles que non sabiamos nada. Todos empezamos a buscala e cando estabamos mirando dentro do armario chegou Carmen, que traía unha carta para Merce e a caixa dos monstros para nós. 

O máis raro foi que a caixa agora era moi grande. Que cousa máis extraña!

Merce abriu a súa carta, que era unha pequena historia sobre o horto que hai no cole e no que imos traballar estes días.



A continuación Alejandra seguiu as indicacións da carta e abriu a caixa dos monstros.



Repartiu un sobre a cada equipo. En cada sobre había unhas tarxetas cos nomes das partes das plantas.

Logo Merce deunos as fichas que había na caixa.

Para poder buscar ao espantallo Antón tiñamos que contestar ben a tódalas preguntas que había nas fichas.

Fixémolas moi ben e conseguimos atopar a Antón rapidamente.

Que ben! Agora Antón poderá seguir coidando do noso horto!