Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


xoves, 15 de setembro de 2022

ONDE ESTÁ A CAIXA DOS MONSTROS?

 Onte, cando chegamos a clase de Ciencias vimos que a caixa dos monstros desaparecera.

Merce preguntou se sabiamos onde estaba e dixémolles que non sabiamos nada. Todos empezamos a buscala e cando estabamos mirando dentro do armario chegou Carmen, que traía unha carta para Merce e a caixa dos monstros para nós. 

O máis raro foi que a caixa agora era moi grande. Que cousa máis extraña!

Merce abriu a súa carta, que era unha pequena historia sobre o horto que hai no cole e no que imos traballar estes días.



A continuación Alejandra seguiu as indicacións da carta e abriu a caixa dos monstros.



Repartiu un sobre a cada equipo. En cada sobre había unhas tarxetas cos nomes das partes das plantas.

Logo Merce deunos as fichas que había na caixa.

Para poder buscar ao espantallo Antón tiñamos que contestar ben a tódalas preguntas que había nas fichas.

Fixémolas moi ben e conseguimos atopar a Antón rapidamente.

Que ben! Agora Antón poderá seguir coidando do noso horto!










Ningún comentario:

Publicar un comentario