Camaleón quixo darnos a benvida a un novo curso cun divertido xogo de pistas.
O primeiro que fixemos foi abrir a caixa dos monstros, que durante o verán evolucionou a unha caixa diferente. Na caixa había unhas instrucións.
No taboleiro había varios sobres con diferentes pistas.
Tivemos que ir abrindo as diferentes pistas, que nos mandaban a diferentes lugares do colexio, nos que atopabamos un sobre con algúns monstros dentro. Isto fixémolo ata ter todos os monstros na clase.
Despois de dar moitas voltas por todo o colexio xa temos os nosos monstros.
Con eles estamos decorando unha carpeta para ir gardando as nosas fichas durante este curso.
Están quedando moi bonitas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario