No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.
DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!
Todos coñecemos a alguén ou temos algún familiar que ten una PROFESIÓN relacionada co traballo no mar.
O consumo de PEIXE é moi importante para ter unha DIETA SAUDABLE. Debemos comer peixe varias veces á semana para crecer fortes e sans.
Vexamos o seguinte vídeo que nos fala deste habitante dos nosos mares.
Ata os nosos amigos, os monstros, quixeron darse un paseo polo fondo do mar!
Pero, este alimento, que é tan rico, non chega ás nosas mesas por arte de maxia, senón que hai moita xente traballando para que esto sexa posible.
Hai persoas que pescan ou marisquean, outras transportan a mercancía dende os barcos ata as lonxas, tamén hai traballadores que conducen os camións cheos desta mercadoría para que chegue aos mercados e por último á nosa mesa.
IMOS VER CON MÁIS DETALLE COMO É ESTE PROCESO.
No seguinte vídeo imos ver como se traballa na lonxa de Cambados.
Despois do accidente do platillo volante dos monstros co foguete de Pepiño, decidimos aprender Educación Vial no planeta Terra.
Aprendemos moitas cousas importantes para movernos pola rúa con seguridade, tanto cando somos peóns como cando circulamos en bicicleta.
O seguinte traballo foi diseñar sinais para o espazo, que eviten os accidentes entre foguetes, platillos volantes e calquera outro medio de transporte que poda circular polo noso ceo.
O mércores desta semana apareceu na "caixa dos monstros" unha foto de todos a bordo dun platillo volante.
Non sabiamos que era o que querían facer pero como estes días estamos investigando sobre o DÍA e a NOITE ao mellor aos monstros lles entrou curiosidade por viaxar ao espazo. Pode ser!
Seguimos traballando na clase de Ciencias cando chegou Carmen cun periódico para nós. Era O PERIÓDICO DO SISTEMA SOLAR, e traía unha noticia de última hora.
Que susto levamos! Menos mal que tanto os monstros como Pepiño estaban ben!
Despois de falar do suceso chegamos á conclusión de que os monstros non coñecían as normas de circulación no espazo e decidimos axudalos a aprendelas, pero para iso o mellor será que repasemos primeiro as normas de circulación aquí, no planeta Terra.
O mércores apareceu na clase de 1º un novo proxecto de investigación.
Na corcheira na que está a interrogación había un papel enrolado cun lazo e un globo terraqueo ao seu carón.
Que significaría aquilo?
Todos empezamos a emitir hipóteses do que poderiamos ter que investigar! Encántanos imaxinar cousas!
Cando chegou Merce abrimos o papel e vimos que era un debuxo dunha casa no que aparecía a metade iluminada e a outra metade a escuras.
Cando vimos o debuxo xa o tivemos claro. Tiñamos que investigar sobre o DÍA e a NOITE.
O noso proxecto de investigación sería "...E POR QUE SE FAI DE DÍA E DE NOITE?"
Todos aportamos as nosas ideas e fumos escribindo na pizarra palabras que diciamos e que parecían moi importantes.
TERRA PLANETA SOL SISTEMA SOLAR ESTRELAS DÍA NOITE...
Merce dixo que iamos por moi bo camiño e que sabiamos moitas cousas sobre este tema.
O noso amigo Camaleón trouxonos un vídeo moi interesante que vimos con gran interese.
A continuación vimos outro vídeo que complementaba a información.
Xa estamos preparados para avanzar na nosa investigación facendo diferentes actividades durante as clases de Ciencias.
Ah! e alguén misterioso quixo que souperamos donde está CUCURULANDIA, o planeta no que viven os nosos amigos Pepiño e Sargantana, facendo aparecer na casa de Carlota unhas fotos de Pepiño viaxando en foguete entre a Terra e o seu planeta, e despois deixando unha fotografía na nosa clase.