No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.
DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!
O luns levamos unha gran sorpresa cando soubemos que o noso amigo Xelatina Verde quería quedarse a vivir en Vilalonga.
Xa sabemos que ten que facer unha SOLICITUDE no CONCELLO, que debe aceptar a súa petición.
Como o concello quédanos un pouco lonxe e non podemos acompañar a Xelatina Verde ata Sanxenxo por culpa da COVID imos formar un CONCELLO na clase para axudar ao noso xupiteriano favorito a quedarse a vivir con nós.
O primeiro será elixir unha ALCALDESA e un ALCALDE.
FAREMOS UNHAS ELECCIÓNS!
O primeiro paso foi a presentación de candidaturas.
Os candidatos e candidatas presentaron as súas propostas aos seus compañeiros.
Por último realizamos a votación para elección de Alcaldesa e Alcalde.
Os elixidos foron:
e
NORABOA!
Por último formamos o EQUIPO DE GOBERNO.
Agora xa podemos contestar á solicitude de Xelatina Verde!
Cando chegamos a clase o luns estabamos preparados para poñer en práctica as nosas hipóteses co fin de liberar o platillo volante de Xelatina Verde, pero de repente entrou Carmen na clase cun sobre para nós, que poñía "URXENTE".
Yanira foi a encargada de abrir o sobre, e alí había unha carta de Xelatina Verde que contábanos o que pasara pola noite.
Os nosos plans acababan de cambiar!
Xelatina Verde xa non estaba no campo de fútbol, tiñámolo preto de nós!
Saimos ao patio con moitas gañas de atopalo, e alí estaba, entre as plantas da xardineira. Con moito coidado collémolo e levámolo para clase.
Xelatina Verde contounos que na noite do domingo un gran tornado levantárao polo aire e deixárao no colexio.
A verdade é que pasou un pouco de medo cando xiraba dentro do tornado, pero ao final todo rematou ben.
Estabamos moi contentos de que Xelatina Verde viñera de visita e así llo fixemos saber, pero levamos unha gran sorpresa cando nos dixo que non viña de visita senón que quería quedarse a vivir en Vilalonga.
Parecéunos moi boa idea, pero Merce díxonos que primeiro debería facer unha solicitude no Concello para poder vivir con nós, xa que non podía aparecer pola rúa un xupiteriano así porque si.
AXUDARÉMOSLLE A PRESENTAR A SOLICITUDE NA ALCALDÍA!
Despois de recibir a carta de socorro de Xelatina Verde pedíndonos axuda porque estaba atascado co seu platillo volante no campo de fútbol, informámonos vendo algúns vídeos sobre as FORZAS e falando na clase, e puxemos as nosas cabeciñas de científicos a pensar.